Actualmente podes configurar a túa conta de Twitter en galego. O que estamos a ver é unha versión de probas, que aínda ten que ser mellorada.
O galego na rede
Chíos en galego para vivirmos en galego.
A promoción da nosa lingua na rede é fundamental á hora de levar adiante esta iniciativa. Non tería sentido ningún termos o Twitter na nosa lingua e que os nosos chíos non foran en galego.
Twitter mobile
O seguinte paso: a versión móbil.
A versión móbil do Twitter en galego é o seguinte paso. O maior uso desta rede social faise dende sistemas móbiles. É fundamental que o galego estea presente.
02
O camiño
Como se logrou
MAIO DE 2011
Comeza a iniciativa
O 7 de maio de 2011 crease o perfil do Twitter en galego que tiña como primeira finalidade conseguir o maior apoio de internautas para despois reclamar o obxectivo principal: a posibilidade de traducir a rede social a nosa lingua.
SETEMBRO DE 2012
Centro de Tradución
Despois de moito reclamar, en setembro de 2012 o Centro de Tradución de Twitter incorpora o galego como unha das moitas linguas para traducir.
FEBREIRO DE 2013
Twitter chía en galego
Despois de seis meses de intensa traballo, chegando a pasar as 10.000 cadeas a traducir, o 23 de febreiro de 2013 o galego convértese noutra nova incorporación a grella de linguas que se poden empregar na configuración desta rede social.
03
Impacto
#tendencias
O galego segue a ser tendencia tamén nos temas do momento, tanto a nivel galego como estatal e incluso, global.
Que faremos na Cidade da Cultura?
A iniciativa Twitter en galego creou e impulsou varios cancelos que chegaron a ser tendencia do momento a nivel estatal e incluso a ser unha tendencia global como aconteceu coa etiqueta #EuNaCidadeDaCultura que buscaba brincar sobre que facer co futuro desta infraestrutura.
Entre outras tendencias atópanse o propio cancelo da iniciativa #twitterengalego que se utilizou para visibilizar o proxecto e reivindicar que queremos o Twitter na nosa lingua.